O Club encoméndase no adestrador tarrasense co ánimo de mellorar na última fase de competición.
É obvia a ardua situación dos laranxas en liga, que figuran como pechacancelas na clasificación, con todo, a pesar deste feito, como manifestou a directiva, confía plenamente nas capacidades de Rafa Merino, pois é unha persoa que durante a estancia con Ríquer demostrou moito traballo, e que durante os últimos dous partidos que o equipo quería loitar e gañar. Tamén é de destacar o apoio que brinda a directiva ao adestrador, pois esperan que consiga os mellores resultados posibles de aquí a final de tempada.
Doutra banda, a perspectiva de Rafa Merino ante un reto difícil, é que “se ve con fuerzas” e “con apoyo del Club y la gente”, “con ganas de intentar cumplir el objetivo”. É evidente o máximo compromiso e traballo que vai achegar ao Club ata final de tempada.
Con nove xornadas por diante, o equipo buscará dalo todo por sacar puntos en cada partido, empezando contra o Jimbee Cartagena despois deste pequeno parón.