Están invitadas a compartir dito acto, tódalas entidades colaboradoras : Xunta de Galicia Cultura e Política Lingüística), Deputación de Lugo na súa área de Cultura, Mancomunidade da Mariña e os Concellos de Cervo e Foz.
Contaremos coa presenza así mesmo da familia de Quique Guerra, artista veciño de Cervo a quen se lle rende a homenaxe desta 7ª edición. Farase a presentación do cartel e os pormenores do desenvolvemento das actividades iniciadas no mes de Xaneiro e que abarcarán ate o 17 de Xuño inclusive.