Ribadeo, 30 de marzo 2022. O voceiro popular de Ribadeo, Daniel Vega, sinala que “por fin o goberno do BNG decidiu a ubicación do novo centro de saúde”. A este respecto, explica que “dende o Grupo Municipal Popular levamos tempo reclamando que o goberno do BNG aportara uns terreos nunha ubicación céntrica e tamén próxima á autovía”.
Vega engade tamén que “nós quixemos xestionar dende o comezo, con total humildade, esta nova dotación para Ribadeo. Este novo centro de saúde vai garantir novos servizos sanitarios de calidade e iso é que quere todo Ribadeo”.
O voceiro sinala que “dende o Grupo Municipal Popular sempre defendemos unha maior participación para decidir entre todos unha ubicación. Había máis posibilidades, pero o goberno do BNG non quixo escoitar a nosa opinión”. Con todo, “non queremos entrar en polémicas. O que queremos é que o proxecto vaia adiante”.
Vega agarda que, finalmente, “o goberno local aporte de inmediato os terreos que permitan iniciar canto antes o procedemento de cara a construción do novo centro de saúde que queremos todos os ribadenses”.