Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Abadín demandan solventar os problemas de recepción da sinal de TV

Abadín, 8 de marzo de 2022. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz avanzou hoxe que rexistrou unha moción no Concello para demandar ao Goberno de Rancaño que adopte as medidas necesarias para solventar os problemas co sinal do tv en todo o concello.

Así o expuxo tras escoitar as demandas da veciñanza. “Levamos máis de dúas semanas recibindo queixas da veciñanza sobre a mala recepción do sinal da tv nos fogares de Abadín. Incluso algún veciño esta costeando do seu propio peto os custes da renovación do cambio de antena, pero lamentablemente o problema segue sen solucionarse”, advirten os socialistas.

Pablo Díaz replica que o Grupo Socialista de Abadín ven denunciando esta situación dende xaneiro de 2020. “É unha vez máis a realidade é teimuda, e agora comprobamos que volve a darnos a razón. Por iso preguntámonos que fixo o Goberno do PP de Rancaño para mellorar esta situación durante 2 anos?. A resposta é sinxela, absolutamente nada”, denuncian.

“Por iso, dende aquí emprazamos ao Alcalde a que tome cartas no asunto e se achegue aos fogares das nosas parroquias para coñecer de preto os seus problemas e as súas demandas, como neste caso co sinal de televisión”. E proseguen coas súas criticas, “pasear no coche oficial do Concello non chega para exercer de Alcalde, quen asume este cargo tamén ten que traballar polo Concello e para mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza”, insisten os socialistas.

Exit mobile version