Site icon Crónica3.com A Mariña

O Xove Costa Trail celebrarase o sábado 19 e domingo 20 deste mes

Xove, 16 de marzo, 2022. Este xoves presentouse esta importante cita deportiva que este ano acada a súa terceira edición. Na presentación contouse, ademais dos organizadores, cos alumnos e profesores do CEIP Pedro Caselles, quen se desprazaron ata Vilachá, na Parroquia de Portocelo, e despóis, todos xuntos fixeron unha camiñata ata o Faro de Roncadoiro. Nesta presentación, os nenos participantes mostraron, en solidaridade co pobo de Ucraína, unha gran pancarta cun “NON Á GUERRA”.

A organización desta edición corre a cargo da ACD Xove co patrocinio do Concello de Xove, hoxe representado pola concelleira Dolores Meitín, e da Secretaría Xeral para o Deporte / Fundación Deporte Galego. Ademais colaboran RoqSport, Asociación Komando Xoviético e comerciantes de Xove.

Xove Costa Trail, que se vai celebrar o sábado 19 e o domingo 20 de marzo, é unha carreira de montaña, que transcorre na súa maioría do percorrido, pola Senda Costeira de Xove e polo Camiño Natural do Cantábrico, ao seu paso pola costa do Concello, dende a Praia de Portonovo, nos limites co Concello de Viveiro, ata a Praia de Morás, para logo adentrarse cara a parte interior do Concello por sendeiros e pistas forestais de uso público. A carreira XCT 35 Km , ten un desnivel + acumulado de 1300 m aprox. A carreira XCT 18Km , terá un desnivel + acumulado duns 700 m.

Inscricions:
1.- O primeiro tramo de inscrición será do 14 de Xaneiro ás 22:00h. ao 4 de Marzo ás 24:00h.
2.- O segundo tramo será do 5 de Marzo ás 00:00h. ao 15 de Marzo ás 00:00h.
3.- Ata o 28 de Febreiro será devolto o importe da inscrición de xeito integro.
4.- Entre os días 1 e 15 de Marzo, será devolto o 75 %.
5.- Para cancelación de inscrición con devolución, serán aceptadas ata o día 15 de marzo, despois desa data non se tramitará ningunha devolución.

Exit mobile version