Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pon en valor o papel fundamental da muller para afrontar o reto demográfico na provincia, no transcurso da concorrida xornada de debate que promoveu en Lugo para celebrar o 8-M

Lugo, 6 de marzo de 2022. O PP da provincia de Lugo celebrou esta mañá no hotel Méndez Núñez o acto co que conmemorou o 8-M, co lema Mulleres construíndo Lugo, que resultou moi concorrido. Participaron, entre outros, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, e a presidenta provincial dos populares, Elena Candia, que indicou que con esta iniciativa os populares queren “contribuír a aportar o noso gran de area a seguir traballando porque a igualdade sexa real e efectiva na nosa sociedade”. É tamén unha maneira de escoitar, “porque queremos construír dende Lugo un partido aberto”.

A apertura do acto correu a cargo da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, que presentou ás dúas poñentes que interviron Raquel Touriño, vicesecretaria de Igualdade do PP de Galicia, e Paula Prado, voceira de Igualdade polo PP no Parlamento galego.

Raquel Touriño lembrou que o Partido Popular de Galicia está comprometido coa igualdade real e efectiva e o seu obxectivo é integrala e estendela a todos os niveis da acción política. Os populares, apuntou, apostan por unha igualdade afastada das extravagancias doutros partidos, como os que deciden que delitos contra as mulleres se investigan e cales non, ou elixen a túa vestimenta e prohiben a cor rosa por ser un elemento opresor do patriarcado. Manifestou que o traballo do PP de Galicia, coas políticas axeitadas, conseguiu grandes avances nesta materia e indicou que agora deberíamos dar o paso de consolidación das mesmas e avanzar “en solventar os problemas que mulleres e homes, ás persoas, se atopan no día a día cando queren exercer algunha acción por igual”.

Pola súa parte, Paula Prado lembrou que, o pasado mes de novembro, o Parlamento de Galicia aprobou, a proposta do Grupo Parlamentario do Partido Popular, unha modificación da Lei integral de violencia de xénero para introducir como unha forma máis de violencia de xénero a violencia dixital. A intención dos populares é conseguir o tripla obxectivo de describir unhas conductas delictivas cada vez máis en auxe, sensibilizar á xente máis nova dos perigos destas prácticas e poñer en marcha políticas públicas e medidas de prevención para evitar que estas se produzan. Sinalou que resulta necesario modificar a normativa penal e tipificar condutas que non teñen agora encaixe en ningún tipo penal.

Como estaba previsto, o acto incluíu una mesa de diálogo, moderada polas concelleiras Cristina Abades e Macamen López, na que participaron: Leticia Martín, xogadora do Pescados Rubén FS; Azucena Mora, profesora da Facultade de Veterinaria de Lugo; Lucía Pérez, cantante; Mónica Álvarez, presidenta da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia; Ana García, gandeira de Vilaframil (Ribadeo).

Exit mobile version