Castiñeira di: “O grupo provincial do PP cre na presunción de inocencia, pero como grupo político da oposición, ten o dereito e a obriga de fiscalizar ao goberno nas súas contas; temos dereito a ter acceso a este tipo de documentos, porque temos a obriga de manter a transparencia nunha institución tan importante como é a Deputación. Polo tanto, volvemos pedir ao señor Tomé que nos dea acceso a ese escrito, para que o PP poida investigar cal é a orixe deses sucesos, e comprobar se son certos ou non”. Engade que o goberno provincial debe levar a cabo unha investigación interna.
Os populares confían en no ter que acudir a outras instancias para conseguir acceso á información que solicita ao goberno provincial. “Esperamos que non nos obrigue a pedir por outra instancia, porque é un dereito de acceso á información que ten o grupo popular, pero se non nos queda máis remedio teremos que pedilo por outra instancia”. O portavoz popular manifesta: “Solicitamos ao señor Tomé que en aras da transparencia nos dea acceso a este documento para poder contrastar se é certa esa información que chegou ao PP e se é certa tratar de investigar esa denuncia, o que é un deber do grupo da oposición”.
Por outra parte, o portavoz popular na Deputación sinala: “No grupo provincial do PP chámanos poderosamente a actitude do presidente da Deputación, o socialista José Tomé, con respecto á decisión do señor Feijóo de ser candidato a presidir o Partido Popular de España. Non hai comparación entre a traxectoria e a xestión de Núñez Feijóo coa traxectoria explosiva nestes últimos meses do señor Tomé, ao que só pedimos que se mire a si mesmo e teña un pouco de autocrítica, que non pida para os demais o que non fai para si mesmo”