Castiñeira declara: “O PP leva moito tempo, moitos meses dicindo que existe este problema. Este non é un problema de agora: é debido a unha estratexia nefasta, que primeiro prexudicou á industria e agora está prexudicando a todos os sectores, e aos máis vulnerables, como sempre dixo o PP”.
O portavoz popular destaca que teñen “moitas diferencias co BNG, que trata sempre de instar ás demais administracións; o Bloque goberna na Deputación de Lugo e entendemos que é o momento de tomar decisións directas, que afecten á provincia”. Indica que, “para iso, se quere solucións, pode aprobar as mocións que presenta o PP; unha delas é para axudar aos concellos, que o están pasando moi mal pola suba dos prezos da enerxía, e a outro de apoio a todos os sectores lucenses afectados pola crise enerxética. Aí pode ser útil o BNG a todos os lucenses”.
En canto ao PSOE, Castiñeira afirma que “sigue botándolle a culpa a Putin e por iso trae unha moción nese sentido”.
En resumo, o PP cre que “neste pleno si se vai ver quen quere solucionar a crise de verdade, quen aporta solucións efectivas que cheguen a todos os lucenses e quen só quere aproveitarse politicamente dunha situación que eles mesmos xeraron”.