Lugo, 29 de marzo de 2022. A sesión plenaria que hoxe celebra a Deputación pode e debe ser importante para a provincia, se os grupos que conforman o goberno teñen a sensibilidade suficiente para entender a grave situación económica na que se atopan os concellos, moitos dos sectores produtivos e os cidadáns máis vulnerables. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Contrariamente ao que vimos dicindo nos últimos plenos, entendemos que está sesión é importante para a provincia de Lugo, porque imos falar dos problemas reais dos lucenses; damos a benvida ao BNG a este pleno con propostas do PP para intentar solucionar os problemas económicos dos lucenses, que veñen precisamente polo grave incremento da inflación”. Engade: “Compartimos preocupación co BNG, pero o que non compartimos é a maneira de solucionar os problemas, porque o Bloque é partícipe deste gran problema. A nefasta estratexia enerxética do Goberno central, marcadamente ideolóxica, foi aprobada polo BNG”.
Castiñeira declara: “O PP leva moito tempo, moitos meses dicindo que existe este problema. Este non é un problema de agora: é debido a unha estratexia nefasta, que primeiro prexudicou á industria e agora está prexudicando a todos os sectores, e aos máis vulnerables, como sempre dixo o PP”.
O portavoz popular destaca que teñen “moitas diferencias co BNG, que trata sempre de instar ás demais administracións; o Bloque goberna na Deputación de Lugo e entendemos que é o momento de tomar decisións directas, que afecten á provincia”. Indica que, “para iso, se quere solucións, pode aprobar as mocións que presenta o PP; unha delas é para axudar aos concellos, que o están pasando moi mal pola suba dos prezos da enerxía, e a outro de apoio a todos os sectores lucenses afectados pola crise enerxética. Aí pode ser útil o BNG a todos os lucenses”.
En canto ao PSOE, Castiñeira afirma que “sigue botándolle a culpa a Putin e por iso trae unha moción nese sentido”.
En resumo, o PP cre que “neste pleno si se vai ver quen quere solucionar a crise de verdade, quen aporta solucións efectivas que cheguen a todos os lucenses e quen só quere aproveitarse politicamente dunha situación que eles mesmos xeraron”.