Os populares, por medio da concelleira Teresa Pérez Rodríguez, presentarán unha iniciativa no próximo pleno para que o Concello asuma a súa responsabilidade e interveña na citada estrada. Pérez sinala que “a zona da Abrela é moi transitada pola praia e a área de Fuciño do Porco; vai dende Escourido ata a praia, pero practicamente na súa totalidade é do Concello de Viveiro”.
A mesma concelleira indica que circular “por esta estrada entraña moito perigo, dado que é moi estreita”. Explica que hai tramos nos que resulta moi difícil que se crucen dos coches. Pérez resalta que por esta vía pasan varias liñas de autobuses, algunhas das cales fan servicio de transporte escolar. Sinala: “Indícannos que houbo máis dun accidente, con vehículos que acabaron las leiras próximas”. Os populares din que para os peóns é moi perigoso camiñar por esta estrada.
O grupo que ten por portavoz a Óscar Rodríguez insta ao goberno local a adoptar as medidas necesarias para mellorar esta vía, de maneira que reúna as condicións precisas para que sexa segura para o tráfico rodado e peonil.