Castiñeira sinala: “O luns, día 7, o grupo provincial do PP rexistrou na Deputación unha carta dirixida ao seu presidente, pedindo accións con respecto á crise de Ucraína; tres días despois, hoxe, vemos que o presidente anuncia algunhas das medidas que nós puxemos enriba da mesa, entre elas a declaración institucional que pedimos e coa que, obviamente, estamos de acordo, e liñas de axuda en colaboración con oenegués”.
Os populares entenden que hai que “ser moito máis ambiciosos; as circunstancias esixen un protagonismo moito maior por parte da Deputación e non resumirse simplemente a axudas a oenegués para que logo elas as tramiten: iso está ben, pero debemos ser moito máis ambiciosos nese sentido, porque así o reclama a sociedade”.
Castiñeira explica: “Debemos coordinar coas outras administracións a acollida de refuxiados e, cos concellos, a recollida de material de axuda e poñela canto antes no seu destino, que non é outro que o pobo de Ucraína e todos aqueles que permanecen aínda no país que está sendo invadido por Putin”. En resumen, os populares din que “é un primeiro paso, debido á iniciativa do PP, pero é insuficiente”.