Ribadeo, 21 de marzo, 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, lembra aos particulares que “xa se pode solicitar o bono turístico da Xunta de Galicia” e destaca dous obxectivos desta iniciativa: “dar a coñecer a nosa comunidade autónoma e potenciar a economía local”.
Vega explica que “unha persoaa de Tui pode coñecer o noso concello de Ribadeo e un veciño de Ribadeo pode coñecer Tui aproveitando os descontos en aloxamento que ofrece a Xunta a través deste bono”. Ademais, valora que “contribúa a potenciando a actividade dos hoteis da vila, a restauración e o comercio; é dicir, os sectores estratéxicos de Ribadeo”.
O voceiro popular ribadense convida tanto aos establecementos de aloxamento de Ribadeo coma aos ribadenses a inscribirse para participar.