Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo denuncia o retraso dos plenos

Ribadeo, 23 de marzo 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, denuncia que “o goberno do BNG elimina capacidade á oposición para desempeñar o seu traballo; tanto o de fiscalizar ao goberno coma o de propoñer iniciativas aínda que ante calquera das nosas propostas a súa resposta sempre sexa non”. Así o manifesta porque, “dende o inicio deste mandato, o goberno do BNG leva retrasando os plenos en Ribadeo”.

Vega di que “O BNG, sistematicamente, en tódalas administracións pide máis democracia e máis transparencia”; pero, pola contra, “cando están no goberno non practican ningunha das dúas” citando como exemplo ao goberno ribadense.

O Grupo Municipal Popular pide “algo moi sinxelo: celebrar os plenos en tempo e forma”, apunta o voceiro. E, por outra banda, pide tamén “algo que pedía o BNG estando na oposición: darlle voz aos colectivos locais no pleno, ás asociacións de Ribadeo”.

Vega considera que “poden presentar moitas preguntas e propostas e teñen que ser respondidas polo goberno”. De feito, subliña “así se facía en gobernos anteriores. Agora o que se fai é eliminar a posibilidade de ter que enfrontar calquera oposición, pregunta molesta ou proposta que non lle guste porque non é protagonista”.

“Xa sabemos que este goberno local cando non hai foto, non funciona; pero cando hai traballo deste grupo municipal ou cando os colectivos de Ribadeo queren preguntar, tampouco se lles deixa o micrófono ou entrar no pleno”, conclúe.

Exit mobile version