O popular, que considera “moi grave” esta situación, adianta que “o Grupo Municipal Popular esixirá explicacións no pleno ao goberno local porque cremos que o goberno do BNG ten que dar explicacións aos veciños dos motivos polos que non se están pagando as facturas”.
Os populares levan dende o inicio do mandato denunciando o retraso do pago das facturas e as subvencións aos colectivos e piden que “se paguen en tempo e forma”.
Vega condena “o que está a pasar ultimamente no Concello, coa mala xestión dos pagos que provoca un enfado continuado en moitas empresas”.
O voceiro popular advirte tamén que “a mala xestión á hora de sacar a concurso público a concesión de moitos servizos (limpeza, luz, telefonía…) conleva o retraso moi considerable nos pagos, debido aos continuos reparos de legalidade”.
O Grupo Municipal Popular preguntará tamén no pleno, ademais dos motivos do retraso no pago das facturas, por qué se lle esixe tanta burocracia a tantos colectivos e tantas asociacións que fan un traballo moi importante en Ribadeo”.