O portavoz popular destaca que “cun Mosteiro restaurado e con usos públicos e privados poderiamos mellorar o turismo; apoiados no Camiño de Santiago e cun adecentamento e ordenamento das nosas rúas e das nosas prazas, fariamos de Lourenzá un pobo de primeiro nivel turístico, o potencial”.
Rodríguez di aos socialistas que “en canto ao mosteiro, xa está claro que se vai perder a subvención de 2 millóns de euros; todo, gracias ós seus colegas do goberno central, que a falta de 15 días cambiou as regras de xogo”.
Os populares apuntan con mirada crítica aos socios de Pedro Sánchez no Goberno e a súa comprobada xenreira a todo o que teña que ver coa Igrexa, e aquí non só perde a Igrexa senón toda Galicia”. Nesta liña, Rodríguez supón “que un de Podemos pasou unha mala noite e levantouse atravesado”.
No PP queren saber se a alcaldesa, Rocío López, pediu o ten previsto pedir explicación aos seus correlixionarios do Goberno polo cambio de criterio que impide que o mosteiro de Lourenzá se poida beneficiar dos fondos do Plan Nacional Turístico Xacobeo. Os populares lembran que nun tuit, o Concello de Lourenzá, aseguraba con optimismo, que despois se viu que era totalmente inxustificado: “Hoxe celebramos una boa nova para tod@s os laurentin@s”. A boa nova durou moi pouco e o mosteiro quedou sen subvención.
Rodríguez tamén confía en que o senador socialista César Mogo pida explicación ao Goberno, porque no seu día achegouse a Vilanova, segundo escribiu nun tuit, porque, dicía, a alcaldesa, “(…) ha conseguido que el Gobierno de España haya incluido en el “Plan Turístico Nacional Xacobeo 21/22 al Monasterio de San Salvador (…)”. Pois non foi así.