Castiñeira sinala: “O ano pasado, a estas alturas, estaba aprobado definitivamente o Plan Único. Non sabemos porque no pleno ordinario que celebrará mañá a corporación provincial non vén á aprobación definitiva. Desta maneira, ademais de retrasar administrativamente moitos expedientes, increméntase a falta de confianza e a inseguridade xurídica de moitos concellos. Os concellos queren saber se os seus proxectos están aprobados ou non; esta situación crea inseguridade xurídica e tamén para posibles contratacións”.
Só sería explicable o retraso “se as razóns son para ampliar o Plan Único é acceder as peticións do Plan Único, para suplementalo para loitar contra a alta inflación e axudar aos concellos a pagar aos sobrecustos, ben vido sexa este retraso; senón é por iso pediremos explicacións ao equipo de goberno”.