Ademais este domingo día 13 de marzo, tamén celebramos o Día das Asociacións, “polo tanto tódolos asistentes que sexan membros dalgunha das asociacións de Mondoñedo teñen a entrada gratuíta ao campo de Viñas de Veiga”, relata Barreira. Nesta xornada celebramos o primeiro partido da fase de descenso, e comezará ás 5 da tarde.
Durante este encontro tamén se sorteará entre tódolos asistentes unha cesta de verduras de Mondoñedo, doada por Hortas de Galicia. “Así que ninguén pode quedar na casa o domingo, queremos que o Viñas da Veiga sexa un campo cheo de bandeiras, cánticos e sobre todo de deportividade”.
“O derbi do Fiouco xa un clásico no calendario futbolístico da nosa Comarca, os xogadores de Julio Cesar Castro van dalo todo no campo de fútbol para comezar con bo pé este fase de descenso contra Abadín. Por iso esperamos vervos a todos no Viñas de Veiga. Sempre Mondoñedo F.C.”, dixo Barreira.