Grazas a Carmen Pernas, médica especialista en familia e formadora, os pícaros de 4°da ESO puideron coñecer, máis polo miúdo, como actuar en casos de perda de coñecemento, atragoamentos ou as maniobras relacionadas coa RCP. A formación combinou sesións teóricas e prácticas. Nestas últimas, Carmen estivo acompañada tamén por persoal sanitario (Camilo Vázquez, Sara Muíña e Patricia Amigo) que colaborou na explicación.
As sesións prácticas baseáronse en tres estacións, polas que o alumnado debía ir rotando, onde se executaba o aprendido nas clases teóricas: ventilacións, masaxes, posicións laterais de seguridade, uso do DEA etc.
Ademais grazas a unha campaña impulsada pola ANPA o Colexio Martínez Otero é un centro cardioprotexido.