Desde a Aula CeMIT do Concello de Ribadeo explican que “dende o aliado dixital da Xunta de Galicia (FEGAUS) xunto co Canal Senior, a Aula CeMIT de Ribadeo foi unha das elixidas de entre toda a rede de aulas de Galicia, para impartir unha serie de cursos e charlas presenciais e de xeito online durante os vindeiros meses”.
O primeiro seminario chamado Atrévete co faceebook, orientado a xente non tan nova, terá lugar os días 18 e 24 de marzo de 10:30 a 11:30 horas na Aula CeMIT. “Os asistentes accederán dende os ordenadores da Aula CeMIT, xa que se impartirá de xeito online. O alumnado poderá comunicarse co profesor e preguntarlle dúbidas”, indican desde a Aula CeMIT ribadense.
Os asistentes abordarán os primeiros pasos na rede social, a súa utilización, como personalizar a súa conta, as conexións, configurar a privacidade… é dicir, unha serie de pasos que lles axudarán a coñecer o seu uso e incluso, se o desexan, poderán crearte unha futura conta.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse do 14 ao 17 de marzo en horario de 09:00 a 14:00 horas, e tamén no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal en calquera franxa horaria. As prazas son limitadas.