Davi Catá compartiu a súa traxectoria e experiencia con arredor de 45 estudantes, de 1º e 2º, poñendo en práctica ademais a súa visión da fotografía a través dun obradoiro.
Nesta visita, agradecendo a participación de todos centros de ensino secundario da Mariña, Marcelino Luna quixo felicitar en persoa tanto a Tania Verdes, de 3º da ESO, como gañadora da última edición, co salto dunha figura humana nun horizonte de nubes e o solpor, como ás finalistas, Carla Fernández, tamén de 3º, e Celia Fernández, de 1º. O presidente de Imdecum tamén quixo loar a implicación da profesora do centro, Paz Quiroga.
Os traballos de hoxe darán paso a unha mostra que abrirá oficialmente o Imaxiña 2022 en breve, co inicio da fase de concurso no outono.