En días pasado rematamos de recibir unha información do Defensor, da que a parte fundamental é a seguinte:
“Con relación a su queja, tramitada con el número arriba indicado, ante la tardanza en recibir la información que esta institución solicitó a la Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda, se le informa de que con esta misma fecha se ha solicitado su remisión urgente.”
É dicir, de novo as administracións entorpecen a defensa do territorio e dos administrados.
Lembramos que o mesmo Defensor ten apuntado xa en outubro de 2018 que as nosas queixas van ben encamiñadas. Así, como dicía nun parágrafo nun escrito desa data, “En las actuaciones descritas por la Autoridad Portuaria no se ha solicitado el parecer del órgano ambiental ni tampoco se han aportado datos objetivos sobre la no afección del uso hotelero al espacio protegido, lo cual es insuficiente para excluir la evaluación ambiental.”
Por desgraza, diversas administracións, do concello ó Estado, pasando pola Xunta, teñen debilitada ou inexistente a defensa do común e do interese xeral e medioambiental, o que fixo que, naquel momento, e a pesar dos indicios evidentes, o Defensor chegara ó límite das súas funcións e non puidera seguir adiante.
Agora, seguindo o noso camiño por unha illa Pancha de todos e en harmonía co medio ambiente, remitimos no seu momento documentos abondos como para abrir un novo expediente. E é que na Illa Pancha seguen a producirse novas incidencias, e o acudir ó Defensor forma parte dos nosos esforzos por lograr a illa Pancha que Ribadeo se merece.