Trátase dun proxecto audiovisual que amosa seis experiencias de dinamización no uso do galego na escola. A presentación terá lugar no IES Perdouro de Burela ás 12h, un dos espazos escollidos para amosar o seu modelo lingüístico, no marco dunha xornada na que participa o alumnado do centro. Estarán presentes Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), María José Pardiñas, a directora do centro; Natalia Irimia, xefa de normalización lingüística do IES, e un dos alumnos participantes no documental que explicarán as características do proxecto audiovisual así como as claves do modelo lingüístico deste centro.
O Consello da Cultura Galega presenta o vindeiro luns 21 de marzo Aquí medra a lingua
O Consello da Cultura Galega presenta o vindeiro luns 21 de marzo Aquí medra a lingua
Relacionado
-
A Xunta dá continuidade ao obradoiro de emprego de xardinería que promoven os concellos de Cervo, Xove e Burela
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela
-
O Pescados Rubén Burela tira de solidez defensiva para amarrar ante o Xota a súa segunda vitoria da tempada (2-0)