Cervo, 21 marzo de 2022.- O Concello de Cervo valora positivamente a celebración da XXXIX Festa do Ourizo de San Cibrao.
Na xornada deste sábado os locais hostaleiros ofreceron tapas coas mellores receitas de ourizo, complementadas coas actuacións musicais de Festicultores Troupe, Louband Street Band e a orquestra Funçao Públika.
Tanto os bares coas tapas, como as actividades musicais programadas polo Concello tiveron unha gran asistencia ao longo de todo o día.
O alcalde Alfonso Villares celebra o éxito desta Festa de Interese Turístico Galego “que foi a primeira en ser suspendida alá polo 2020, e que agora volvemos a retomar, instaurando pouco a pouco á normalidade”.
Sinalou o rexedor que “a Festa do Ourizo é unha das datas marcadas en vermello no calendario turístico do noso Concello e agardamos que xa para o ano seguinte, en 2023 coa súa trixésima edición, podamos celebrar a Festa coa súa programación ao completo”.