O alcalde, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a concelleira de Obras e Infraestruturas, Mali Méndez, achegáronse ata a zona onde se proxecta a actuación xunto co pedáneo de Rúa, para proporcionarlle a información sobre a obra que se vai realizar nas vindeiras datas.
A actuación divídese en dúas partes. No primeiro tramo vaise asfaltar o camiño, creando primeiro unha capa de macadam e posteriormente aplicando un tratamento semiprofundo e un dobre tratamento superficial, mellorando a seguridade e protexendo a circulación dos vehículos. No segundo tramo executarase unha capa xabre e, ademais, colocaranse cinco tubos para mellorar o drenaxe ao longo do camiño.
O orzamento desta execución elévase ata os 75.777 euros, que correrán a cargo do remanente das arcas municipais.
O rexedor, Alfonso Villares, argumenta que “con esta actuación vaise facilitar o tránsito, tanto de vehículos rodados como de peóns, ao longo deste camiño, que ten unha extensión de 1.724 metros”.
Apunta o alcalde que “con esta obra incrementamos as infraestruturas básicas nesta zona rural da parroquia de Rúa, mellorando a calidade de vida deste núcleo de poboación” e remata sinalando que “este proxecto nace froito da comunicación que o noso equipo de goberno mantén coa veciñanza continuamente”.