O Concello de Viveiro expresa desta maneira o seu apoio ás mulleres que sofren esta enfermidade. Con esta acción, Viveiro súmase á iniciativa posta en marcha pola Asociación ‘Querendo. Mulleres con Endometriose’, co obxectivo de iluminar nesa data os monumentos máis emblemáticos de cor amarela. A cor amarela é a representativa desta enfermidade e o Concello súmase a esta iniciativa co obxectivo de dar visibilidade a esta doenza.