Por este motivo, o Concello vén de revisar os xacementos arqueolóxicos catalogados no seu territorio. O traballo dos arqueólogos de NOSO Cooperativa consistiu nunha primeira fase de revisión das informacións documentais. Unha vez recompilada a información levouse a cabo un traballo de revisión in situ dos xacementos coñecidos co obxecto de localizalos correctamente, rexistrar a información relevante sobre os mesmos para a súa identificación, descrición e avaliación do estado de conservación, e documentalos
fotograficamente. A información sistematizouse nunha serie de fichas de catalogación que inclúen os datos de todos os bens, a súa delimitación cartográfica, así como un glosario catastral de cada un deles.
Coa finalidade de achegar este traballo ao público xeral, os arqueólogos redactaron unha obra de carácter didáctico, ilustrada, para que calquera persoa, dende os maiores ata os máis novos, poda comprender e situar historicamente os vestixios máis significativos do patrimonio arqueolóxico do municipio. O Concello de Xove presentará nas vindeiras semanas esta atractiva publicación, coa que pretende fomentar o coñecemento da súa cultura patrimonial e o aprecio pola mesma que adoita derivar del. Achegar o patrimonio á xente, é a mellor forma de favorecer a preocupación pola súa conservación.