Viveiro, 11 de marzo de 2022. Ante as consultas recibidas no Departamento de Servizos Sociais, en relación co procedemento a seguir para poder acoller temporalmente a persoas afectadas polo conflito en Ucraína, dende o Concello de Viveiro infórmase que no Boletín Oficial do Estado de data 10 de marzo de 2022 se publicou a Orde que regula dito procedemento.
As persoas interesadas poden acceder á Orde PCM/169/2022, de 9 de marzo, pola que se desenvolve o procedemento para o recoñecemento da protección temporal a persoas afectadas polo conflito en Ucraína no seguinte enlace https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-3715
Tamén se facilita o enlace a unha guía de actuación, tanto en castelán como en ucraíno, con información sobre o modo de proceder por parte dos desprazados ucraínos en España. Está dispoñible neste enlace https://www.inclusion.gob.es/ficheros/ucrania/guia_desplazados_ucranianoses.pdf