Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro considera “inaceptables e moi tristes” os actos vandálicos ocurridos na pasada madrugada na avenida de Ramón Canosa e nos xardíns Noriega Varela

Viveiro, 31 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro lamenta e considera “inaceptables e moi tristes” os actos vandálicos ocurridos na pasada madrugada na avenida de Ramón Canosa e nos xardíns Noriega Varela.

Na avenida de Ramón Canosa, arrincáronse un total de oito árbores que foran prantadas o ano pasado, mentres que nos xardíns Noriega Varela rexistráronse destrozos en numerosas prantas en flor.

O Concello de Viveiro quere facer un chamamento público para que non se repitan nunca máis este tipo de actos vandálicos, unha conducta incívica e deplorable.

“Son feitos que non son habituais en Viveiro, temos uns veciños que en liñas xerais sempre demostran un comportamento exemplar, por iso consideramos inconcebibles estas actitudes; non é esta a imaxe que queremos para Viveiro, é tarefa de todos facer do noso concello un lugar mellor”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Exit mobile version