Cervo, 2 marzo de 2022. O concello de Cervo valora moi positivamente a celebración do Entroido, tanto en Cervo como en San Cibrao.
Tanto as actividades infantís como os desfiles de entroido celebradas no municipio tiveron unha gran acollida. En Cervo o número de disfraces que concursaban chegou ata os 80, mentres que en San Cibrao esta cifra elevouse ata superar os 180.
O alcalde Alfonso Villares celebra o éxito deste Entroido “xa que vimos dunhas datas complexas pola pandemia, na que moitos dos disfraces e as comparsas se tiveron que facer a última hora, debido a esa incerteza derivada da sexta vaga de contaxios do coronavirus”.
O rexedor quere “en primeiro lugar, agradecer á asociación Airiños do Xunco a súa implicación á hora de organizar o Desfile de Cervo, e en segundo lugar, felicitar a todos os participantes que encheron de alegría e cor as rúas cervenses durante estes catro días”.
Por último o apunta que “desde o noso equipo de goberno sempre plantexamos un plan alternativo coa colocación das carpas, tanto na Praza do Souto como na Praza dos Campos, por días como onte, no que tivemos que agardar dentro da carpa de San Ciprián ata que as inclemencias do tempo nos permitiron realizar o desfile polas rúas”.