Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo entrega os premios dos concursos “Certame de amor na rede” e “Versos de Rosalía”

Cervo, marzo de 2022. O concello de Cervo ven de entregar os premios aos gañadores do “Certame de amor na rede”, polo día dos namorados, e “Versos de Rosalía”, en conmemoración do Día de Rosalía de Castro.

A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, foi a encargada de entregar estes premios, que incluían vales para gastar no comercio local, vales para intercambiar por ceas en locais hostaleiros do municipio ou produtos artesáns dos establecementos da vila, entre outros.

En total foron 28 os traballos presentados entre dos dous concursos.
No “Certame de amor na rede” os gañadores foron os seguintes:
Categoría: Menor de 18 anos
Premio á mellor foto: Helena
Premio ao mellor vídeo: Xoel Boullosa e Martín Boullosa
Premio ao traballo máis orixinal: Martín
Categoría: Maior de 18 anos
Premio ao mellor vídeo: Usuarios da Unidade Residencial de Cervo
Premio á mellor foto: Xolo
Premio á mellor carta: Pilar Rivera
Premio ao traballo máis orixinal CPRL Burela
No concurso “Día de Rosalía”:
Categoría Xuvenil
1º Premio: Samuel Riera Basanta
2º Premio: Xoel Boullosa Novoa
3º Premio: Nuria Iglesias López e Jesús López Franco
Categoría Senior
1º Premio:José Ángel Leiras García
2º Premio: Antonio Pérez Fra
3º Premio: Begoña López Silva e CPRL Burela
Premios especiais: Centro de Día – Residencia e Unidade Residencial de Cervo

A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, quixo agradecer a gran participación que tiveron estes dous formatos de concursos na rede e felicitou a todos os participantes polos seus magníficos traballos.

Exit mobile version