Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo, dentro do programa Coida Cervo, levou a cabo este luns unha actividade de voluntariado en conmemoración do Día Internacional da Acción polos Ríos

Trátase dunha iniciativa promovida polo Concello de Cervo, cuxo eixo principal son as xornadas de voluntariado de recollida de lixo, pero na tamén se programan charlas, coloquios, actividades prácticas, saídas de campo e campañas para incentivar a reciclaxe selectiva; entre outras. Esta campaña ten como obxectivo poñer en valor as boas prácticas individuais no noso día a día no coidado e protección da contorna. Coida Cervo tamén pretende ser unha ferramenta de reflexión –tal e como subliñan- “coa que censurar certos comportamentos incívicos que se producen con frecuencia nas nosas vilas que prexudican a toda a veciñanza e son un atentado contra o noso patrimonio natural”.

Exit mobile version