Viveiro, 31 de marzo de 2022. Dende o goberno municipal infórmase que a dende mañá, venres 1 de abril, todos os venres venderanse as entradas do Resurrection Fest para os empadroados e empadroadas no Concello de Viveiro.
Todos aqueles veciños e veciñas que queiran asistir ao Resurrection Fest teñen o desconto do 50%, en virtude do acordo que o Concello de Viveiro ten coa organización do festival.
Con esta promoción, agradécese á veciñanza a tolerancia e respecto que ano tras ano demostraron, xa que, malia o efecto positivo do festival no municipio, a cita pode ocasionar algunha incomodidade entre a cidadanía.
As entradas poderanse comprar os venres, no 1º andar dos claustros de San Francisco, en horario de 9:00 a 11:00 horas e de 12:00 a 14:00 horas.
Para a súa adquisición é necesario presentar o DNI, o pago realizarase unicamente con tarxeta e o seu custe é de 79€ para as entradas normais e de 149€ para as Pandemonium.