O Cartel deste ano está dedicado, merecidamente ao Prendimiento, xa que dita Irmandade está a conmemorar o 75 Aniversario da súa Fundación e así foi acordado por unanimidade na Xunta de Confrarías. O autor do mesmo non foi establecido por Concurso senón como veñen facendo nos últimos anos, escollendo un fotógrafo de demostrada colaboración coa Semana Maior, e este ano recaeu en J.M. Paleo.
Na devandita Presentación tamén darase a coñecer o Programa de Difusión Relixioso Cultural “ADRAL”, que como é ben coñecido trátase dunha programación previa á Semana Santa. Así durante a Coresma haberá a oportunidade de participar en conferencias, exposicións, certames, concertos etc. que axudarán a preparar para vivir a Semana Santa.