Por outra banda, en febreiro de 2022 rematou o prazo de presentación para a convocatoria de 2022 do citado Fondo, que debera ter adxunto un proxecto ou plan no que se investiría a subvención. O BNG non comprende a actidude do Goberno Municipal ao convocar a todos os grupos e colectivizar os problemas e, cando se trata de iniciativas e oportunidades, como é esta subvención, non se compartan e acorden cos demais grupos. Tome como exemplo Concellos veciños como Muras, no que se debatiu en Pleno ata 5 proxectos para a participación no Fondo de Compensación Ambiental.
Ante isto, rogamos ao goberno municipal que informe sobre o estado do Fondo de Compensación Ambiental, tanto o recurso presentado sobre a anualidade 2021 e, se foi presentada a solicitude da anualidade 2022, informe sobre o seu estado e os proxectos presentados.