Trátase dun servizo público que debe dar cobertura ás necesidades de información e xestión da cidadanía no ámbito tributario, que implica unha grande responsabilidade e complexidade para as persoas non expertas que conduce a que cada vez máis galegos e galegas delegan este tipo de tarefas en xestorías. En vísperas de iniciar en abril a campaña do IRPF, voltaremos a sufrir as eivas dun servizo tamén esencial po lo que solicitamos o apoio do pleno do Concello de Foz para Instar ao goberno central para que a administración da AEAT en Foz recupere, as traballadoras e traballadores do ano 2000 garantindo a atención presencial ao público para o asesoramento e servizos que presta. Ademais solicitarems que o pleno inste a Xunta de Galiza a trasladadar a súa disconformidade ao goberno central pola drástica redución de postos de traballo que sufriron as administracións da AEAT na Galiza e no entanto a tomar medidas para evitar a discriminación por fenda dixital, por idade e polo lugar de residencia, asumindo, a través da ATRIGA, máis competencias en materia tributaria.