Viveiro, 16 de marzo, 2022. A veciñanza da rúa Misecordia, leva 20 anos cun único acceso ás súas casas, sendo este sen saída e estreito, non tendo o ancho suficiente de dous vehículos o que provoca que de atoparse, un deles ten que ir marcha atráis.
Despréndese desta característica que un vehículo como o de bombeiros ou unha ambulacia, non pode acceder a este burgo de casas polo que en situación de emerxencia non sería posible acceder a esta zona co conseguinte perigo para a veciñanza. Tampouco pode acceder o camión do lixo, polo que se recolle a man nunha furgoneta por parte dxs operarixs e son xs veciñxs quenes limpan os colectores, a pesar de pagar impostos coma os demais.
Existe alternativa a esta situación abrindo un novo acceso dende Cantarrá, a través da zona verde detrais do edificio onde se ubica a copistería “EME”, que posibilitaría o acceso de vehículos de emerxencias e servizos básicos proporcionando ao acceso actual unha saída, máis nestes 20 anos nada se ten feito.
Dado que a paciencia ten un límite, rogamos que se axilicen os trámites que o Goberno municipal debe levar adiante para dar unha solución digna ás xustas reivindicacións da veciñanza da rúa do Misericordia.