E, frente a esa realidade, o Goberno fala de contención salarial e dun ‘Pacto de rendas’. E a Xunta de Galiza reclama ao goberno renunciando as sua competencias. Isto significa o asalto ás rendas do traballo para salvar as do capital. A estratexia que deberían adoptar as administracións, pasa por medidas como as que defende o BNG de Foz, por iso propon insta ao pleno do Concello de Foz a instar a Vicepresidenta Primeira do Goberno do Estado e ministra de Asuntos Económicos y Transformación Digital a baixar o IVE de alimentos básicos e de productos de hixiene, a subida de salarios e das principais prestacións sociais conforme ao IPC, aumento de pensións mínimas, unha reforma fiscal profunda; a intervención no mercado da enerxía e a vivenda para garantir dereitos e vida digna;. Así mesmo, instar a recortar os beneficios das empresas eléctricas e desvincular os prezos de gas e electricidade. Tamén instará á Xunta de Galiza a reclamar as mais de 2000 vivendas do SAREB no noso país para poñelas a dispor das rendas mais baixas e empregarse como vivendas sociais, tamén á Xunta á debida Protección do sector agro-gandeiro e marítimo-pesqueiro evitando a venta a perdas, impulsando a compra pública de pensos para garantir a subministración e a impulsar axudas e bonificacións po lo incremento dos custos de producción. Estas e outra propostas deberían ser aceptadas no vindeiro pleno do Concello de foz