Site icon Crónica3.com A Mariña

O alumnado de Infantil do CEIP San Cosme de Barreiros elaborou macedonia inca coa froita repartida pola Xunta no marco do “Programa Escolar de Consumo de Froitas, Hortalizas e Leite”

Os alumnos máis pequenos do centro aprenden estes días detalles sobre a cultura e civilización Inca e tamén, de forma práctica, sobre a súa gastronomía elaborando un saboroso e saudable petisco de sobremesa. O programa Escolar de Consumo de Froitas está impulsado pola Consellería de Educación. Consiste no reparto polos centros educativos de froita, hortalizas e leite para fomentar os hábitos alimenticios saudables desde idades temperás. Está canalizado polo FOGGA (Fondo de Garantía Agraria) e conta co financiamento da Unión Europea.

Exit mobile version