Os alumnos máis pequenos do centro aprenden estes días detalles sobre a cultura e civilización Inca e tamén, de forma práctica, sobre a súa gastronomía elaborando un saboroso e saudable petisco de sobremesa. O programa Escolar de Consumo de Froitas está impulsado pola Consellería de Educación. Consiste no reparto polos centros educativos de froita, hortalizas e leite para fomentar os hábitos alimenticios saudables desde idades temperás. Está canalizado polo FOGGA (Fondo de Garantía Agraria) e conta co financiamento da Unión Europea.
O alumnado de Infantil do CEIP San Cosme de Barreiros elaborou macedonia inca coa froita repartida pola Xunta no marco do “Programa Escolar de Consumo de Froitas, Hortalizas e Leite”

O alumnado de Infantil do CEIP San Cosme de Barreiros elaborou macedonia inca coa froita repartida pola Xunta no marco do “Programa Escolar de Consumo de Froitas, Hortalizas e Leite”
Relacionado
-
Ribadeo gardou un minuto de silencio pola primeira vítima de violencia de xénero en Galicia neste 2025: Josefa Fariñas, do Bolo
-
Xs traballadorxs de Sargadelos volverán aos postos de traballo
-
A Casa da Cultura de Vilalba acolle a exposición “Universo Vizoso”, promovida pola Vicepresidencia da Deputación, da man do Insituto de Estudos Chairegos