Nas últimas horas plantaron sementes de cabazas, pementos, brócoli e xirasoles que posteriormente transplantarán nunha pequena horta que o centro ten nos xardíns. As monitoras explicaron a procedencia das sementes, a época en que se deben plantar, os coidados en canto ao seu crecemento e a frecuencia coa que se debe regar.
A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, subliña que “hai que ter en conta que esta actividade é moi útil á hora de que o alumnado empece a adquirir responsabilidade desde pequeno en canto ao coidado do medio ambiente. Isto serviralles para que aprendan non só como se debe realizar o cultivo en cuestión, senón como deben coidalo para que medren os froitos”.