Burela, 26 de marzo, 2022. O Viña Albali Valdepeñas consegue vencer a domicilio ao Pescados Rubén Burela por 1-2. O conxunto burelense segue traballando para mellorar os seus resultados, con todo, parece ser que aínda non atopa afinar a súa melodía.
Empezaba o partido en Vista Alegre co equipo local xerando máis ocasións. Tentábao por primeira vez clara no minuto 6, Wanderson cun disparo que evita o gardameta rival Edu. O Pescados Rubén Burela triangula ben durante os primeiros minutos de xogo. O equipo visitante, tiña algunha oportunidade tamén que non ameazaba en exceso a meta dos laranxas.
Os primeiros 10 minutos de xogo, tradúcense en plena igualdade de oportunidades, con todo, o equipo local buscaba máis o gol, ata tivo dúas ocasións seguidas en xogada de balón parado. O Viña Albali mantíñase firme e deu algún susto á portería de Edu mediante contragolpes.
Tras un bo manexo do balón do Burela, chega aos 13 minutos un gol de Álex Diz para poñer aos locais por diante, tras unha fantástica recuperación de Wanderson que converteu nunha asistencia.
O partido transcorre desde ese momento, con moitas faltas a favor de ambos os equipos. Cando o Burela estaba no seu mellor momento buscando outro gol, fíxoo pola contra o equipo rival, no minuto 18 por medio de Lemine que empata o partido. Acaba a primeira parte con intentos locais pero non culminan na portería.
Inicio da segunda parte cunha intensidade que se transformou nun partido bronco. Entre medias, sucede un bo gol por parte de Ivi no minuto 26 despois dunha acción individual que pon a Viña Albali por diante no marcador.
O equipo visitante puido aumentar a súa vantaxe despois do gol. A partir do minuto 35 o Pescados Rubén Burela sacou o porteiro xogador, xerando múltiples ocasiones pero que non finalizaban dentro da portería.
Esta última parte do partido, consistiu nun Burela con xogo de cinco buscando desenfrenadamente o empate, pero as xogadas non acababan de fluír.
Puideron empatar en dúas ocasións clarísimas os laranxas nos últimos instantes do partido, pero hoxe en Vista Alegre, non puido haber máis sorte para gol.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela: Edu, Isma, Wanderson, Iago Míguez, Quintela –cinco inicial- Loito, Iago Míguez, Rikelme, Nito, Renato, Shunta e Kaluza.
Viña Albali Valdepeñas: Edu, Lolo, Sergio, Lemine, Ivi -cinco inicial- Óscar, A. Geraghty, Humberto, Bateria, Pablo Molina, Nano, Alberto.
Goles: 1-0, min.13, Álex Diz; 1-1, m.18 Lemine, m.26 Ivi; 1-2,
Árbitros: FELIPE MADORRÁN, URDÁNOZ APEZTEGUÍA -LÓPEZ LÓPEZ D., GARCÍA VÁZQUEZ.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 21ª de Primeira División RFEF. Disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 600 espectadores.