Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova concentración en Ribadeo en contra da guerra en Ucraína este xoves, ás 20h diante do Concello

Poderán participar libremente todas as persoas que o desexen e msemo manifestar a sua opinión particular polos micrófonos disponibeis. Asemade, o día 18, venres, as 20.00 h terá lugar unha xuntanza aberta a todas as persoas que o desexen no salón de actos da Casa do Mar para prantexar a posibilidade de crear unha plataforma con participación veciñal que se encargue de manter estas movilizacións e se se considera oportuno organizar debates sobre as guerras, o fornecemento da paz mundial e este tipo de custións. Tamén se trataría de buscar a maneira de coordinarse con outros movementos semellantes que están xurdindo en outras localidades da Mariña ou da contorna asturiana.

Exit mobile version