Lugo, 31 de marzo de 2022. Medio Rural da Deputación de Lugo facilitará á organización da Moexmu lotes de libros para premiar aos mozos e mozas gañadoras do certame de manexadores de gando vacún de leite, incluído entre as actividades da feira agrogandeira que se celebrar do 1 ao 3 de abril no recinto feiral Manuel Vila López de Muimenta.
Trátase dun concurso galego no que se valora as habilidades dos mozos e mozas participantes na preparación, manexo e presentación dos animais ante un xurado especializado. O certame está aberto a gandeiros e gandeiras ata os 30 anos, e establécense premios para as distintas franxas de idade. Os lotes de libros, editados polo Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, inclúen títulos adaptados as diferentes idades.
A deputada de Medio Rural Mónica Freire sinalou “a importancia desta cita gandeira para dinamizar o sector pero tamén para trasladar á sociedade en xeral o valor social, ambiental e cultural da gandeiría e xenerar, sobre todo entre a mocidade, unha maior autoestima e orgullo de pertencer ao rural”.
O certame de manexadores degando vacún celebrarase o domingo a partir das 11.30 horas e pechará un programa que inclúe, entre outras citas, un concurso e unha poxa de gando frisón, así como unha exposición de gando.