Site icon Crónica3.com A Mariña

Mateo Rubal, alumno de FP do IES María Sarmiento, elexido mellor soldador de españa, recibe os parabéns do Concello

Viveiro, 30 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro quere trasladar a súa noraboa a Mateo Rubal Fanego, alumno de FP do IES María Sarmiento, elexido mellor soldador de España.

“Quero felicítalo a él persoalmente e tamén ao IES María Sarmiento, onde Rubén cursou o Ciclo Medio de Soldadura”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
Además de Rubal, outros dous alumnos do IES María Sarmiento compitiron representando a Galicia: Sergio Martínez (Automoción) e Adrián López (Electricidade).

“A Formación Profesional é fundamental, polo que temos que poñer en valor o esforzo dos profesores e do alumnado”, engade Loureiro, lembrando “a calidade do ensino no María Sarmiento, un centro moi implicado cos seus alumnos e que participa en numerosas iniciativas de formación”.

Exit mobile version