Site icon Crónica3.com A Mariña

María Loureiro elixida como Secretaria Xeral dos socialistas de Viveiro

Viveiro, 9 de marzo, 2022. O pasado luns, 7 de marzo, celebrouse no local da agrupación municipal do PsdG-PSOE a Asemblea Extraordinaria na que se elixiu a nova Executiva Local do PsdG-PSOE.

Nesta asemblea, María Loureiro García foi elixida como Secretaria Xeral por aclamación. Do mesmo xeito, foron escollidos tamén por aclamación os membros que integran o equipo executivo.

Tras a xuntanza referida, a Executiva Local do PsdG-PSOE en Viveiro queda formada por María Loureiro García, como Secretaria Xeral; Lara Fernández Fernández-Noriega, como Vicesecretaria Xeral ao cargo de Muller, Igualdade e Cultura; Mari Carmen Franco Díaz, como Secretaria de Organización; Vicente Hermida Rodríguez, á fronte da Secretaría de Política Municipal e Medio Rural; Covadonga Viamonte Aguiar, na Secretaría de Emprego, Industria, Comercio e Turismo; Óscar Canoura González, na Secretaría de Xuventude e Deporte; Victoria Baamonde Gómez, na Secretaría de Acción Social e Educación; e Jesús Fernández Fernández, na Secretaría de Facenda e Pesca.

Este equipo afronta con esforzo, traballo e ilusión os retos que se lle presentanpor diante, coa vontade de axudar a mellorar a vida dos veciños e veciñas e en beneficio de Viveiro.

Exit mobile version