Convocadas pola Obra Social de ABANCA no marco do seu proxecto PLANCTON, 89 persoas, entre as que se encontraban tanto escolares do colexio Landro como persoas voluntarias da asociación ASPANANE e do Espazo +60 Afundación de Viveiro, levaron a cabo ao longo de toda a mañá unha xornada de limpeza de residuos mariños, na praia de Area, en Viveiro. En total, conseguiron retirar máis de 34,3 quilos de refugallos mariños.