Site icon Crónica3.com A Mariña

‘La Porteña Tango’, o 2 de abril en Ribadeo

Ribadeo, 21 de marzo, 2022. Chega a Ribadeo o espectáculo en forma de musical. La Porteña Tango con 13 anos de traxectoria e case 700 concertos realizados nos escenarios de 20 países en catro continentes vístese de gala para presentar un novo show, un espectáculo moderno e renovado onde se entrelazan a música, a danza e as historias que van desde as emocións máis profundas, á picardía e o humor. Lembrando que o Tango Arxentino é unha música popular e próxima ao público de todas as idades, afastándoo dos clichés e lugares comúns.

Un espectáculo que nos convida a pasear por un longo e sinuoso carreiro que percorre a historia dunha música que naceu humildemente nos suburbios e portos do Río da Prata e transcendeu ao mundo por forza propia case sen nin propoñerllo. Os integrantes da Porteña nunca esqueceron eses preceptos fundamentais e nas súas presentacións os vellos clásicos do xénero conviven cos sons máis modernos, a desvergoña, as novas harmonías e a vangarda das composicións do xenio Astor Piazzolla a quen lle dedica unha parte do seu novo show especialmente, debido ao centenario do seu natalicio.

La Porteña Tango ten 5 discos editados co mítico selo Melopea de Arxentina, coa produción do Mestre Litto Nebbia e presentou con gran repercusión os seus espectáculos de música e danza “Un Placer!” “Perfume de Tango” “Buenos Aires… Cuando Lejos me vi” “Que me van a hablar de Amor!” y “10 Años” en cuantiosos dos máis soados teatros e festivais de World Music do mundo chegando a facer máis de 80 presentacións por ano e converténdoos no grupo de maior audiencia en Europa da actualidade.

O grupo, dirixido polo guitarrista Alejandro Picciano, xunto ao pianista Federico Peuvrel e o mozo bandoneonista revelación Matías Picciano, incorpora en xuño de 2019, a exquisita e potente voz de Melisa Fernández. Xuntos asombran ao espectador tradicional do tango e seducen aos novos interesados que se achegan ao xénero debido á súa frescura e proximidade. A poética de Buenos Aires, os tangos, valses, milongas, candombes e vellos tangos camperos adórnanse con esta danza tan arxentina que cuativa ao mundo enteiro e fermosas coreografías creadas por un corpo de baile estable cun luxoso vestiario e coloridos audiovisuais, xerando unha posta en escena única e atractiva.

ALEJANDRO PICCIANO, Guitarra e Dirección Artística
FEDERICO PEUVREL, Piano e coros
MATÍAS PICCIANO, Bandoneón e coros
MEL FERNANDEZ, Voz

Danza e Coreografías:

CARLOS GUEVARA e DÉBORA
GODOY DAVID SUAREZ e JUANA ESCRIBANO

GUILLERMO LEÓN HENAO e XEMA LEIVA.

ENTRADAS https://www.gameoverpro.es

 
Auditorio  “Hernán Naval” de Ribadeo. 2 de abril. 20,00 horas

Exit mobile version