Foz, 24 de marzo de 2022. O Concello de Foz, con cargo ao Plan Único do 2021, está procedendo á renovación completa do parque infantil de Paseo de Colón.
O alcalde, Fran Cajoto, explica: “retiráronse os xogos e as antigas losetas de caucho e agora mesmo estase reparando o valado perimetral. O parque vai contar cun pavimento novo acabado en encapsulado aplicado in situ e novos xogos: unha estrutura con zona de escalada e tobogán, un columpio mixto e dúas figuras de muelle. É un parque moi utilizado e estamos desexando velo rematado para que poidan desfrutar todos os pequechos”.
O concelleiro de Turismo e Asuntos Económicos, Chema Linares, destaca a renovación do parque infantil da zona turística de referencia en Foz, A Rapadoira: “esta é a nosa fachada, a nosa carta de presentación como pobo turístico. O parque, ben preto de locais de hostalería e afastado do tráfico, é moi utilizado e queremos que estea en óptimas condicións.”.
O Concello de Foz pide desculpas polas molestias ocasionadas polas obras e agarda que rematen o antes posible.