Viveiro, 2 de marzo, 2022. Dende o xoves día 3 ata o sábado 5 de Marzo serán 34 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata o 70% varios casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock.. pero dentro de cada local, convertendo a fin de semana nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos.
A gran variedade de tendas que se suman a este tipo de campañas fan que sexan todo un éxito de afluencia de clientes. Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración, artigos para o fogar, óptica e telefonía.
Para aproveitar estas oportunidades esperamos que os clientes doutras localidades da comarca se animen a visitar Viveiro esta fin de semana, pasear polo casco antigo, mercar con fantásticos descontos e desfrutar da hostalaría da vila.
Os locais participantes estarán identificados con chamativos carteis de cor fucsia e negro co nome da campaña. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da liquidación de stocks.
Tratase de ofrecer ó cliente os mellores descontos en artigos de primeiras marcas, ca mellor calidade, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.
Os locais participantes e as súas promocións son: