Site icon Crónica3.com A Mariña

Excarcerada unha persoa en Mondoñedo despois de saírse da vía co seu vehículo

Mondoñedo, 30 Marzo, 2022. Unha persoa resultou ferida e tivo que ser excarcerada despois de saírse da vía o turismo no que viaxaba ao seu paso polo concello de Mondoñedo.

A persoa afectada saíuse de vía mentres circulaba pola LU-P-3107, estrada que une as localidades de Guillade e San Andrés, e necesitaba axuda posto que quedara atrapada no interior do vehículo. Así o indicou a persoa que chamou ao 112 Galicia, ás 06:00 horas de hoxe, para dar conta dos feitos.

A partir de aí, os xestores do 112 alertaron axiña aos Bombeiros de Barreiros que acudiron ao lugar do accidente e fixeron uso do material de excarceración para liberar á ferida. Ata o punto tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil de Mondoñedo.

Unha vez rematadas as labores de excarceración, a persoa puido ser evacuada polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao centro médico.

Exit mobile version